Como un servizo máis do museo, dende os servizos de restauración, se quere completar a oferta cultural do museo dende un punto de vista gastronómico. É dicir, acompañando as exposicións temporais con menús específicos sobre elas. No Restaurante do Croque temos a cociña de sempre con novas presentacións, onde se eliminan as espiñas e osos de moitas das pezas. Traballamos con materias primas de primeira calidade, se serven moi puras, coidando moito os puntos de cocción e se xoga coas guarnicións para sorprender o padal.
Na oferta do restaurante conviven pratos da cociña das aboas como unha caldeirada de raia, ou unha empanada de croques, arroz de zamburiñas ou chuletón de vaca galega con pratos máis innovadores como unha ensalada de láminas de codorniz rechea de foie, carpaccio de atún vermello con soia, carrilleiras de porco prensadas,… No restaurante ofertamos:

  • Carta
  • Menú do día de luns a venres ó xanta
  • Comidas por encarga (empresas, aniversarios, …)
  • Xoves gastronómicos: Ceas-cata-degustación onde falaremos das orixes dos produtos, a súa recolección e tratamento, receitas, sabores,… (Ex. Os descoñecidos do noso mar. Falaremos con persoas do sector de algas, ortigas de mar, ourizos, …)

 

Novos horarios Xaneiro, Febreiro e Marzo

Xantares: Martes a Domingo de 13:30 a 16:00 h

Ceas:Xoves de 20:30 a 23:00 h
Venres e Sábado de 20:30 a 23:30 h

Martes e mércores noite abrimos baixo reserva previa.

 

Apiques

menú do día.

Preme aquí.

 

Carta de Inverno.
Preme aquí.